Escoitar

Medio Ambiente organiza unha saída para observar e identificar cogomelos

mércores, 9 out 2002
imx1843.jpg
Cogomelo
O programa da Concellería de Medio Ambiente ”Entre árbores, paso a paso” organiza unha nova saída o sábado 19 de outubro co obxectivo de interpretar o patrimonio natural e etnográfico por medio de rutas guiadas. Nesta ocasión, dedicarase unha especial atención á observación e identificación de cogomelos.

A saída estará guiada por dous investigadores e especialistas da Universidade de Vigo. Partirase ás 16:00 horas da praza de América, enfronte do centro comercial Camelias, onde se collerá un bus urbano que levará os participantes ao punto de comezo da ruta. O regreso, estimado ás 21:00, terá como parada final a praza de América, seguindo as liñas de Vitrasa.

Contactos:
-Ecoplanin. Xestión e Información Ambiental (Miguel Fernández 630 619 584)
-Medio Ambiente, Concello de Vigo (986 810 210)
Descargar todas as imaxes