Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 7 mar 2013



ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 8 DE MARZO DE 2013.



1.- Actas das sesións ordinaria e extraordinaria urxente do 1 de marzo de 2013.

BENESTAR SOCIAL
2.- Servizo de Axuda no Fogar: Exptes. 2668/15, 429/06, 2527/04

3.- Proposta de indemnización substitutiva e recoñecemento de crédito a Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., polo servizo de apoio á unidade Cedro. Expte.1947/315.

CONTRATACIÓN
4.- Proposta de modificación do art. 2.3 do prego de cláusulas técnicas e admvas. do concurso para a xestión de aparcadoiros subterráneos de uso mixto e proposta de modificación da traza do aparcadoiro da rúa Rosalía de Castro. Expte. 3128/241.

5.- Revisión de oficio de actos anulables relativos ás revisións de prezos do contrato do servizo de retirada, inmobilización, depósito e xestión de vehículos indebidamente estacionados na vía pública. Expte. 19/242.

6.- Devolución de garantías:

a) Imatia Innovation, S.L. Expte. 6434/113.
b) Trabajos Auxiliares De Puentes, S.L. Expte. 4376/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
7.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados pola área de Cultura, Festas e Museos no mes de xaneiro de 2013. Expte.230/330.

DEPORTES
8.- Solicitude do Club Vig-Bay para a organización do "XIV Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay 2013", previsto para o 17-03-13 con saída da avda. de Samil. Expte. 11952/333.




9.- Solicitude da ANPA do CEIP Coutada Beade para a organización do "XXXVII Cross Escolar Coutada Beade", previsto para o 07-04-13 polo camiño do Lago, Romeu e arredores. Expte. 11946/333.

10.- Solicitude de Singletrack, para a organización do "XIV Trofeo Cidade de Vigo de Monutain Bike-Vigo Bike Contest", previsto para realizar os días 23 e 24 de marzo de 2013 nos montes de Coruxo. Expte. 11953/333.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
11.- Proposta de aprobación das "Bases de selección de persoas candidatas a beneficiarias do programa "Vigo Emprega", nas categorías de capataz, oficial e peón. Expte. 9499/77.

12.- Proposta sobre perda do dereito ao cobramento e renuncias á concesión de axudas municipais á creación de empresas. Expte. 8848/77.

13.- Solicitude de proposta ante a Consellería de Traballo e Benestar para promover como ILE o proxecto empresarial "Ultrasonic Technical Management-Underwater Technical Marine, S.L." Expte.9542/77.

14.- Solicitude de proposta ante a Consellería de Traballo e Benestar para promover como ILE o proxecto empresarial "Pröva-Lo", promovido por Dª Beatriz López Jerez. Expte. 9545/77.

INVESTIMENTOS
15.- Solicitude de aprobación da ordenación do procedemento de contratación a seguir nas obras do Plan de Investimentos de Aqualia. Expte. 52/141.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
16.- Expediente de Contratación do servizo de portería, control de acceso e información ao público nos centros cívicos municipais. Expte. 2716/321.

PATRIMONIO
17.- Revisión de prezos do contrato de retirada, inmobilizado, depósito, xestión e cobramento de vehículos indebidamente estacionados na vía pública. Expte. 19269/240.

PATRIMONIO HISTÓRICO
18.- Proxecto de derruba do edificio do antigo restaurante "El Castillo" no Monte do Castro. Expte. 6820/307.


RECURSOS HUMANOS
19.- Aboamento por aplicación sentenza 177/2005, ao persoal do Servizo de Extinción de Incendios, correspondente ao ano 2012. Expte. 23847/220.

20.- Gastos de locomoción correspondentes ao período setembro 2012-xaneiro 2013. Expte. 23903/220.

21.- Produtividade por encomenda de funcións a diversos funcionarios, correspondente ao 4º trimestre 2012. Expte. 23865/220.

22.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal, correspondente aos meses de setembro 2012 e xaneiro 2013. Expte. 23897/220.

23.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do servizo de Cemiterios por exceso de xornada anual, correspondente ao mes de xaneiro 2013. Expte, 23895/220.

24.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios de D. José Luís Caride Grandal, por traballar o día 24 de decembro de 2012. Expte. 23911/220.

25.- Dar conta da Resolución do concelleiro-delegado de Xestión municipal do 21/02/13, de xubilación anticipada da funcionaria municipal Dª Mª Luisa López Fernández. Expte. 23912/220.

TURISMO E COMERCIO
26.- Proposta de indemnización substitutiva e recoñecemento de débeda á Asoc. Prof. Empresarios Autónomos do Mercado do Progreso. Decembro 2011 e setembro, outubro, novembro e decembro. 2012. Expte. 5432/551.

27.- Proposta de indemnización substitutiva e recoñecemento de débeda á Asoc. Prof. Empresarios Autónomos do Mercado do Progreso. Xaneiro 2013. Expte. 5436/551.

URBANISMO
28.- Proposta de desestimación do recurso de reposición interposto contra acordo da XGL do 28-12-12, sobre aprobación definitiva das obras de urbanización da Xunta de Compensación da UE I-06 Rosalía de Castro II. Expte. 5075/401.



XUVENTUDE
29.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural de Lavadores para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil concretado nunha ludoteca. Ano 2013. Expte. 3826/336.

30.- Proxecto de convenio de colaboración co Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil concretado nunha ludoteca. Ano 2013. Expte. 3828/336.



31.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día oito de marzo de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.


Vigo, 6 de marzo de 2013.
.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.