luns, 4 mar 2013
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, presentaron este luns o maratón de actos que organiza o Concello para conmemorar a publicación, o 17 de maio de 1863, do "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro nunha imprenta da rúa Real.
luns, 4 mar 2013
Abel Caballero participou hoxe luns na presentación de <i>Vigourmet</i>, unha feira que xurde para axudar a "que Vigo ocupe o lugar que merece pola súa capacidade e calidade no mundo da gastronomía". Esta mostra arracancará o venres 8 no Auditorio Mar de Vigo con 25 expositores.
luns, 4 mar 2013
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade de Vigo convocan o Maratón de tweets pola Igualdade de xénero #VigoIguala. Esta iniciativa trata de aproveitar a forza actual das redes sociais, neste caso o twitter, na loita contra as desigualdades de xénero e agardase que teña unha boa aceptación e unha ampla resposta social.<br />
luns, 4 mar 2013
"Clara Campoamor. La mujer olvidada" da directora Laura Mañá exhibese o martes, 5 de marzo ás 18.00h no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e dentro do programa de actividades da Concellería de Igualdade de Vigo.