Escoitar

O Concello sustituirá ao redor de 8.500 puntos de luz para aforrar 700.000 euros este ano

O "recibo" da luz do Concello ascende a 5 millóns de euros, dos que 2,5 correspóndense coa iluminación dos viais. Co obxectivo de aforrar enerxético e tal e como explicou hoxe martes o concelleiro de Fomento, David Regades, o Goberno municipal vai cambiar máis de 8.500 luminarias para aforrar uns 700.000 euros neste ano.

mércores, 6 mar 2013
1362587591regades.JPG
Baixo o obxectivo do aforro e da eficiencia enerxética, o concelleiro de Fomento, David Regades, presentou hoxe martes un proxecto de renovación de 8.635 puntos de luz que permitirán ás arcas municipai aforrar 700.00 euros neste ano. Tal e como explicou, o Concello gasta en iluminación uns 5 millóns de euros, dos que a metade, correspóndense coas luminarias dos viais. Segundo sinalou, o goberno local puxo en marcha un "laboratorio de probas" nunha rúa dunha parroquia de Matamá con puntos de luz de vapor de sodio, inducción e led para comparar coas lámparas tradicionais de mercurio, que teñen que ser sustituidas segundo a normativa vixente.

Atendendo a estes resultados e seguindo normativas europeas e de eficiencia enerxética, o Concello ademais de proceder a esta sustitución de luminarias -que se traducirá un aforro dun 21%-, o departamento dirixido por David Regades está a preparar outro plan para reducir o consumo de iluminación nas instalacións municipais, con especial atención ás infraestruturas deportivas. O obxectivo é achegar a un aforro dun 30% no "recibo" municipal da luz, concluíu.
Descargar todas as imaxes

Máis información