Escoitar

O alcalde sitúa a xeración de emprego e as políticas socias como os obxectivos de 2013

A xeración de emprego e as políticas sociais serán os obxectivos do goberno municipal para 2013. Tal e como avanzou esta mañá o rexedor, o Concello vai contribuir a cambiar esa sensación de crise insuperable porque "da crise so se sale pelexando".

mércores, 2 xan 2013
Abel Caballero trasladou hoxe mércores o que son os obxectivos do goberno municipal para o ano 2013, que pasan, en primeiro lugar, pola xeración de emprego e, en segundo, por fomentar as políticas sociais. Avanzou a intención do Concello por "contribuir a cambiar esa sensación de crise insuperable, xerando o clima, a vontade e o optimismo da razón". O rexedor dixo que da crise "so se sae pelexando con vigor, gañas e enerxía" para poñerse ao fronte da loita contra a mala situación económica.

Nas súas palabras, o primeiro dos seus obxectivos é a creación de emprego e lembrou os 3.800 postos de traballo que xerou o Concello no 2012, cun investimento de 22 millóns de euros, "a maior proporción de investimento e poboación de ningún concello de España". Anunciou que a intención deste ano é "alomenos repetir" esa cifra de contratos. Non deixou a atrás a política social, recordando ás máis de 700 persoas atendidas coa asistencia domiciliaria, ou os 200.000 euros para comedores sociais en 2013: : Hermanos Misioneros, Comedor de la Esperanza, Vida Digna, Banco de Alimentos, Afan (reparto de comida a familias) ou o novo Centro de Inclusión Social.

Tamén se referiu á apertura da Uned o próximo día 18 de ferbreiro "a pesar dos impedimentos de Xunta e Deputación", ao tempo que avanzou que este mesmo ano "faremos o prantexamento de impartir estudos universitarios á Uned de Madrid".

Respecto dos orzamentos da Xunta, criticou que "Vigo non apareza neles" e reiterou que a Xunta segue sen acompeter a Cidade da Xustiza, cando é a súa competencia exclusiva. Reiterou a oferta municipal para que o Goberno autonómico adquira os terreos a custe 0 e censurou que o presidente da Xunta segue sen respostar á petición de reunión que o rexedor lle trasladou por carta para falar de temas cruciais para a cidade como o hospital, a política social, as políticas de emprego, a cidade da xustiza, as axudas aos aeroportos, as bolsas de comedor, ou a estación de autobuses, entre outros.