Escoitar

Vigo recuperará o domingo 12 de maio a XVI Media Maratón de Vigo

Abel Caballero avanzou esta mañá que a cidade vai contar de novo coa Media Maratón de Vigo, organizada por última vez en 1999. Así se acordou nun encontro que mantivo esta mañá co atleta olímpico Javier Álvarez Salgado, quen lle avanzou que esta XVI edición desta proba percorrerá o centro da cidade.

mércores, 2 xan 2013
1357149842maraton.JPG
O deportista olímpico Javier Álvarez Salgado organizará o próximo 12 de maio a XVI Media Maratón de Vigo, organizada por última vez en 1999. Logo de manter esta mañá un encontro co rexedor, este avanzou que o Concello colaborará coa recuperación desta "importante" proba de atletismo para que a partir de agora se celebre o segundo domingo de maio de xeito estable. Trátase, explicou Caballero, dun circuito urbano de 21.097 metros que discurrirá por rúas como Policarpo Sanz, Areal, Pi i Margall, Camelias, entre outras. Esta "importante" proba de atletismo contará con actividades paralelas como actividades para nenos e patinadores.

Descargar todas as imaxes