Tódolos parques infantís vigueses adáptanse ás esixencias europeas
A Concellería de Parques e Xardíns completará e adaptará á normativa europea tódolas zonas de xogo públicas de Vigo a finais deste ano. Nos últimos anos substituíronse os elementos illados, próximos a vías con tráfico e que non cumprían os requisitos en canto a espacio e seguridade, por zonas de xogo agrupadas con espacios axardinados e barreiras de contención de madeira.
O concelleiro Henrique Viéitez explicou que antes de fin de ano se completarán as 77 zonas de xogo existentes, mais 17 zonas de nova creación e 7 destinadas a centros de educación infantil. Na praza da Miñoca, na praza do Rei e na estación de Renfe instaláronse novos parques infantís debido ás necesidades da poboación nova asentada nas súas proximidades. Ademais, priorizáronse as parroquias que tamén precisaban destes xogos para o lecer dos rapaces.
En 1999 o Concello investiu en parques infantís 30.610.000 pesetas, 32 millóns en 2000, 28.525.000 en 2001 e 15 millóns en 2002 para a adaptación progresiva ás normativas tanto da Xunta de Galicia como da Unión Europea.
Os xogos múltiples teñen funcións lúdicas e de fomento do incremento das relacións sociais. Concibidos como un espacio de convivencia entre menores, estes xogos colectivos potencian actitudes de cara a socializar e compartir entre os cativos. Para a colocación destes xogos múltiples, integrados por dous columpios con dous asentos e tres balancíns, precísanse 170 m2 e determinadas medidas de seguridade establecidas na normativa.