Escoitar

O goberno local estudará elaborar proxectos de divulgación dos montes de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, e representantes dos Montes de Man Común de Vigo acordaron este xoves colaboración na elaboración de proxectos conxuntos para divulgar os montes vigueses, como por exemplo preparar rutas turísticas, medioambientais, arqueolóxicas e paisaxísticas.

xoves, 12 xul 2012
1342094463montes.jpg
O obxectivo da reunión, celebrada hoxe xoves no Concello, foi valorar a "moi boa" relación existente entre o goberno local e os Montes de Man Común e estudar posibles accións futuras para divulgar as bondades do cinto verde da cidade.

Caballero recordou que o Concello xa editou unha guía divulgativa sobre os miradoiros municipais e, tras a reunión de hoxe, procúrase impulsar roteiros para gañar "conexión" entre os turistas e os parques forestais.
Descargar todas as imaxes