O goberno humaniza Menéndez Pelayo e Doctor Marañón cun investimento de 3,3 millóns
O alcalde, Abel Caballero, visitou este xoves os traballos de mellora que o Concello está a executar nestes dous viais, humanizacións para as que o goberno local adica 2.475.000 euros -no caso de Menéndez Pelayo- e 800.000 euros -para Doctor Marañón-. As reformas incluirán a renovación das redes soterradas de servizos.
O alcalde acudiu ás obras de humanización de Menéndez Pelayo e Doctor Marañón, "zona que precisa humanización como auga de maio" polo deterioro da superficie, do abastecemento e do saneamento.
As rúas verán renovadas as conduccións e a superficie coa obra municipal, que Caballero defendeu por ser os veciños da zona "os grandes esquencidos de Vigo", tanto de Menéndez Pelayo como de Doctor Marañón.
O alcalde explicou que os 3,3 millóns de euros adicados ás reformas xeran moitos postos de traballo directos e tamén mellora as condicións dos establecementos destas rúas, facéndoos máis viables no futuro.
Descargar todas as imaxes