Escoitar

Caballero estima que 100.000 persoas visitarán a biblioteca municipal Neira Vilas en 2012

O alcalde e a concelleira de Cultura visitaron hoxe martes esta dotación cultural municipal, que recibiu a 85.000 persoas nos seus primeiros doce meses de vida -abríu en marzo de 2011- e sitúa o obxectivo de asistencia nos 100.000 en 2012. Neste ano, a biblioteca suma case 4.000 socios e emprestou máis de 28.000 documentos.

martes, 3 abr 2012
1333453379neiravilas.jpg
O rexedor local explicou que o éxito de uso desta biblioteca supera as previsións iniciais, convertíndose no contedor cultural "máis visitado da cidade de Vigo". Durante o 2012, case 500 persoas cada día visitan a Neira Vilas, 15 persoas asócianse diariamente, 66 persoas fan uso de Internet e da ofimática e 145 documentos empréstanse de media ao día.

Abel Caballero subliñou que a maior parte dos usuarios habitan no entorno de Martínez Garrido, implicándose e interaccionando no territorio, un dos obxectivos do Concello de Vigo na posta en marcha desta instalación.

Programación abril-xuño
O Concello programa actividades para todos os públicos durante os meses de abril, maio e xuño, como a participación con debates, charlas-coloquios, as accións para os máis pequenos con monitores, contacontos, obradoiros, etcétera. No mes de maio, a biblioteca acollerá unha mostra bibliográfica e outras propostas específicas sobre Valentín Paz Andrade, homenaxeado este ano por mor do Día das Letras Galegas.
Descargar todas as imaxes

Máis información