O alcalde cifrou en 120.000 euros a humanización do entorno da Travesía de Vigo e anuncia máis melloras para 2012
Abel Caballero realizou a súa primeira visita do novo ano aos traballos de humanización do entorno da Travesía de Vigo 160, do caleixón do número 164 e da rúa Rosario Hernández Diéguez "A Calesa", cun importe total próximo aos 120.000 euros. O rexedor apuntou que "plantexamos continuar coas humanizacións" no 2012 porque "o que sigo recibindo dos cidadáns son demandas de humanización".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns estas reformas en Travesía de Vigo, unha "humanización a punto de ser acabada" que era un "compromiso" adquirido antes das eleccións municipais de mayo de 2011.
Estas melloras son "mostra de todas as humanizacións que nos quedan por realizar", como algúns viais transversais á Travesía que foron solicitadas polos veciños do barrio. Caballero recordou que o goberno local xa acometeu a humanización de dous tramos da Travesía de Vigo, a confluencia con Genaro de la Fuente, o parque e os accesos a Mestre Montes e o parque Matías.
"Plantexamos continuar coas humanizacións", adiantou o alcalde con respecto ao novo ano, feito polo que Caballero quixo que a primeira visita de 2012 sexa a unha humanización. O primeiro edil indicou que as rúas adxudicadas a pasada semana polo goberno local -Ramón Nieto, Doutor Marañón, Brasil, Martínez Garrido, Avda Castelao (nº 1-9), Nicaragua, Aragón, Menéndez Pelayo e Pintor Colmeiro, por 15,4 millóns de euros- serán remodeladas e incluídas no orzamento municipal, xa que "o que sigo recibindo dos cidadáns son demandas de humanización", concluíu.
Descargar todas as imaxes