Escoitar

O alcalde anuncia que o emprego suporá o 10% da valoración nas adxudicacións de obra pública municipal

Abel Caballero informou este martes desta "gran novidade" introducida polo goberno local recentemente nas condicións para adxudicar obras municipais ás empresas. O emprego -número e continuidade dos traballadores, contratación de persoal...- terá ata 10 puntos de valoración sobre 100, algo que acontece por primeira vez. O alcalde informou ás empresas construtoras deste requisito nunha reunión pública coa presenza dunhas 70 persoas.

martes, 22 nov 2011
1321967545construtoras.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes esta "gran novidade" nos pregos de condicións do Concello, que introduce "a pauta da creación de emprego na obra pública" municipal.

O primeiro edil explicou esta e as restantes condicións esixidas polo Concello ás empresas que queiran optar ás adxudicacións de obra nunha reunión pública coas construtoras na que participaron unhas 70 persoas.

O 10% da valoración para a contratación terá que ver co emprego -número e continuidade dos traballadores, contratación de persoal, etc-, é dicir, 10 puntos dos 100 sobre os que avalíanse as ofertas presentadas polas empresas.

Caballero explicou que trátase da primeira vez que un requisito vencellado á creación de emprego introdúcese con 10 puntos nos baremos de adxudicación de obra pública, co que os postos de traballo pasan a ser un proceso "sensiblemente importante" á hora de contratar.

Humanizacións
No transcurso da reunión, o alcalde vigués puxo en coñecemento das empresas a vocación do Concello de seguir a transformación da cidade nunha urbe "máis fermosa e máis sostible". Comunicouse ás construtoras que o goberno local ten en proceso de licitación ou próximo a inicialo humanizacións por valor de 17 millóns de euros en distintas rúas de Vigo.
Descargar todas as imaxes