Escoitar

Vigo acollerá unha nova edición do Concurso Hípico Internacional

martes, 30 xul 2002
O concelleiro de Deportes e Xuventude, Santiago Domínguez, e a concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, presentaron o Concurso Hípico Internacional que se vai celebrar no recinto feiral de Cotogrande do 15 ó 18 de agosto.

Entre as novidades que haberá este ano, segundo destacou o presidente do comité organizador, Manuel Fernández, están as localidades numeradas que se poderán mercar nos días previos no recinto. Esta medida tomouse debido á gran cantidade de xente que acudiu no último campionato de febreiro.

Entre os xinetes que participarán están Michell Rubert, Mikel Witaker, Ahaia de Jordania e Cayetano Martínez de Irujo, así como tamén os vigueses Rafael Tapias, Jacobo Fontán e Ignacio Fernández Andrade.

Entre os patronizadores deste concurso destacan a Concellería de Deportes, a Concellería de Turismo que aporta as lanzadeiras de autobuses, Pescanova, Caixagalicia, Coca-cola, Estrella Galicia e Citroën PSA.