Escoitar

Manuel Forcadela lerá o bando do Día da Patria en Castrelos

martes, 23 xul 2002
imx1690.jpg
Forcadela
O escritor Manuel Forcadela será o encargado de ler o bando no acto organizado polo Concello de Vigo que se celebrará o 24 de xullo no pazo de Castrelos con motivo do Día da Patria Galega.

FORCADELA, Manuel, Tomiño, 1958

Doutor en Filoloxía
Catedrático de Lingua Galega e Literatura
Profesor asociado da Universidade de Vigo

Como ensaísta e estudioso da literatura ten publicado:
A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988):
Guía de lectura de A Esmorga (1991):
Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993):
A poesía de Eduardo Pondal (1994):
Edición prologada e anotada da Poesía de Eduardo Pondal (1988):
Guía de lectura de Á lus do candil (1997):
A poesía galega de posguerra (1997).
Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez, ed. prologada, anotada e con guía de lectura
ademais de numerosos artigos de crítica literaria publicados en revistas especializadas como os Monográficos de A Nosa Terra, A Trabe de Ouro, entre outras.


Como poeta:
Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro:
O regreso das ninfas (1985):
O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura:
Nausícaa (1992):
Profecía (1993):
Morte do fadista (2000), Premio Espiral Maior:
Refutación da musa (2001), Premio da Aula de Poesía de Barcelona, Premio da Asociación Española de Críticos Literarios
Lámpada e medusa (2002), Premio Esquío de Poesía


Como narrador:
Paisaxe con muller e barco (1990), Premio de novela García Barros:
Sangue sobre a neve (1990), novela, con traducción para o catalán:
Barato, barato (1991), novela:
Contos interruptus (1992):
Fóra de xogo (1993), novela:
Anxélica (1994):
A equipaxe do azar (1994):
A armada invencible (1996), novela.

Descargar todas as imaxes