Escoitar

Caballero amosa a súa preocupación pola redución das axudas autonómicas á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos

O rexedor garantiu hoxe luns manter ás achegas municipais que recibe a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo. Caballero, quen asumiu este compromiso durante un encontro con responsables da organización, cualificou de "preocupante" a situación da organización, logo de que as responsables da mesma lle traladaran a decisión da Xunta de rebaixar as achegas autonómicas nun 80%".

luns, 8 ago 2011
1312806658rede.jpg
Abel Caballero cualificou hoxe luns de "moi preocupante" a situación económica que atravesa a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos tratos de Vigo, despois de saber que a Xunta de Galicia decidiu reducir nun 80 por cento as súas achegas a esta asociación. Logo dun encontro coas responsables, na que tamén estivo presente a tenente de alcalde, Carmela Silva, o rexedor explicou que a pesar de que a Xunta deixa a esta asociación nunha situación "moi difícil" para continuar, o Concello garantirá a continuidade dunha organización que desempeña un traballo "fundamental" na protección e atención ás mulleres maltratadas. "Non imos deixar que a Xunta desfaga todo este traballo", apostilou.

Caballero, quen garantiu que o Concello, "alomenos" vai manter as axudas deste ano no ano -e imos ver se podemos facer un esforzo para aumentar a cuantía no 2012-, explicou que as achegas municipais proceden de distintos departamentos como Muller, Benestar Social, Participación Cidadá e a propia Alcaldía. Durante a súa intervención, referiuse tamén á unidade especial da Policía Local contra os malos tratos, na que traballan 14 axentes, organizando cursos, entre outras iniciativas, que aumentan a autoestima das vítimas para que se sintan protexidas.
Descargar todas as imaxes