O Concello de Vigo abre ao baño a praia de A Calzoa
A Concellería de Medioambiente procedeu nesta mañá a apertura da pequena praia de A Calzoa, en Vigo, despois de que as analíticas constataran que os parámetros están dentro da normalidade.
Unha pequena parte deste areal pechouse onte ao baño por precaución ao detectarse un nivel bacteriolóxico por riba do aconsellable. Esta zoa de A Calzoa mantívose pechada ao baño ata repetir unhas analíticas que, xa na tarde de onte xoves e nesta mañá, ofreceron resultados normais.