Santi Domínguez salienta que o Concurso de Fotografía é unha peza fundamental para difundir a recuperación do Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns a terceira edición do Concurso de Fotografía do Casco Vello, "O novo Vigovello: unha visión en positivo do Casco Vello de Vigo", ao que se poden presentar os traballos ata o 25 de abril. O nacionalista destacou que este certame é tamén unha peza fundamental para difundir o traballo feito na recuperación do Casco Vello.
O tenente de alcalde salientou a importancia de poñer en valor o esforzo feito na rehabilitación do barrio histórico da cidade, do que a conmemoración da Reconquista e a apertura da pinacoteca celebrados o pasado fin de semana son dous exemplos. "Paso a paso o Casco Vello vai recuperando a súa esencia", asegurou. A modo de balance dos acontecementos deste fin de semana, Santi Domínguez manifestou, que a pesar de que o tempo non acompañou, "milleiros de persoas gozaron da representación da Reconquista e do novo Vigo Vello rehabilitado". Tamén amosou a súa satisfacción pola acollida que tivo a Pinacoteca, con máis de 1.600 visitas en tres días.
Santi Domínguez asegurou que será tarefa fundamental do Concurso de Fotografía deste ano amosar este traballo realizado. Segundo manifestou o nacionalista, "trátase de achegar entre todos unha visión positiva do barrio", xa que ao seu xuízo este "falar en positivo dos veciños e veciñas" e o compromiso das administracións na recuperación do Casco Vello son os elementos indispensables para que a rehabilitación "se consolide no tempo". O nacionalista expresou o seus agradecemento e felicitacións á Asociación Veciñal polo seu esforzo nestes días "de moito traballo", así como a Asociación de Comerciantes, "porque tamén son unha peza fundamental". Fixo tamén un chamamento aos veciños e veciñas "para que participen e colaboren para difundir os elementos positivos do novo Vigo Vello".
O xerente do mercado do Berbés, Anxo Méndez, asegurou que este traballo non sería posible sen a aposta decidida da Tenencia de Alcaldía polo Casco Vello e polo pequeno e mediano comercio. Neste sentido destacou que a recuperación é espectacular "tal e como manifestan as persoas que visitan o barrio", en referencia aos cruceiristas que nos últimos días fixeron escala en Vigo. Apuntou que os visitantes atopan "espazos dunha calidade excepcional e un contorno cultural de primeirísimo nivel". Asegurou que a recuperación "vense facendo dende hai poucos anos pero con moita intensidade, e non queremos que esa intensidade decaia".
No concurso poden participar todas as persoas que o desexen cun máximo de tres fotografías. Deberanse enviar a través do correo electrónico da web www.vigovello.com e no deben estar premiadas en ningún outro certame ou concurso. Acompañando a cada fotografía achegarase unha ficha de inscrición na que se inclúa o nome ou seudónimo do autor ou autora, o teléfono de contacto, o correo electrónico e o título da imaxe.
Anxo Méndez explicou que as fotografías seleccionadas, nomeadamente as que cumpran co tema da convocatoria, imprimiranse en papel fotográfico, montaranse sobre cartón pluma e do 2 ao 29 de maio exporanse en arredor de 25 locais do Casco Vello. O 30 de maio está previsto que se faga público o fallo do xurado e o 31 de maio a entrega dos premios. Ao respecto indicou que se concederán 3 premios, que sumarán 1.000 euros en cheques regalo para gastar nos establecementos do barrio. Deste xeito, o primeiro premio estará dotado con 500 euros, o segundo con 300 euros e o terceiro con 200 euros.
Descargar todas as imaxes