Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá venres a obra "Un cranio furado" e suspéndense as actuacións do sábado en Saiáns e Zamáns

O Auditorio Municipal acolle mañá, 22 de outubro ás 21 horas, unha nova actuación do programa municipal de artes escénicas, a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas que representará a obra "Un cranio furado". Ademais, segundo informa a Concellería de Cultura, quedan aprazadas dúas actuacións do programa Vigo a Escena previstas para o sábado. Trátase da representación que a agrupación Porta Aberta tiña programada na Asociación Veciñal "San Xurxo" de Saiáns e a actuación que a compañía David Fernández Rivera ía realizar na Asociación "San Mamede" de Zamáns".

xoves, 21 out 2010
Ademais da representación do sábado, a compañía David Fernández Rivera tamén suspende a actuación programada para o 20 de novembro no Centro Cultural de Valadares debido á enfermidade do actor principal.

Producións Teatrais Excéntricas, integrada por Víctor Mosqueira, Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo e Santi Romai conforman o elenco que interpretará mañá a obra para o público adulto "Un cranio furado (A Skull in Connemara)". O feitos acontecen nun país de chan acedo e alta pluviosidade. A emigración e un catolicismo escéptico fan parte do ADN, mentres, no cemiterio arredor dunha cova aberta convócase toda a curiosidade e a malicia dos superviventes.

O prezo das entradas para asistir a esta obra é de 7 euros, que se poden adquirir anticipadamente a través da páxina web www.laboleteria.es ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do seu comezo. A información completa da programación pódese consultar no 010 ou na web www.vigocultura.org.