O Concello revisará os actos administrativos declarados ilegais na tramitación de Rosalía de Castro I
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, anunciou que un equipo de técnicos municipais dirixido polo secretario xeral do Concello está a estudiar a revisión dos actos administrativos realizados na tramitación da Unidade de Execución Rosalía de Castro I que os tribunais consideraron non axustados a dereito. O Concello segue desta maneira as indicacións recollidas nun auto recente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no que se apuntaba á vía da revisión como fórmula para resolver as actuacións declaradas ilegais.
Segundo explicou Toba, este proceso de revisión comezará por buscarlle solución aos problemas que afectan máis directamente a todas aquelas persoas que adquiriron vivendas ou locais en Rosalía de Castro. Neste sentido, o Consello da Xerencia comezou a tramitar unha modificación puntual do PXOU coa que se pretende conseguir que os propietarios de vivendas nesta Unidade de Execución poidan obter a súa licencia de ocupación.
A devandita modificación puntual busca salvar o desaxuste que existe entre a normativa que regula os entreandares e a realidade física dos edificios construidos en Rosalía de Castro. Esa normativa establece que o acceso aos entreandares deberá facerse a través dos locais que ocupan os baixos dos inmobles, cousa que non ocorre neste caso. A modificación proposta elimina esa obriga nas Unidades de Execución de Rosalía de Castro amparándose en que esta medida non afecta á subdivisión interna dos edificios e non altera as condicións volumétricas, nin a edificabilidade, nin a intensidade de uso. Coa modificación prevista mantense a edificabilidade e a mesma ordenanza de aplicación e non se incrementan nin varían os usos permitidos.
Esta solución, que conta cun informe positivo da Consellería de Política Territorial, vai ser sometida ao trámite de información pública durante un mes.
Aprobados os proxectos de expropiación de Pedro Alvarado e de Maceiras
O Consello da Xerencia aprobou os proxectos de expropiación de terreos para poder abrir a rúa Pedro Alvarado e para ampliar a rúa Maceiras. Desta maneira o Concello pode redactar o proxecto de urbanización destes viais, que mellorarán notablemente o tránsito polo barrio de Teis, especialmente os accesos a Espiñeiro, a Vulcano e á Guía.
O Consello da Xerencia aprobou tamén a concesión da licencia de actividade para o aparcadoiro soterrado que se vai construir baixo a rúa Urzaiz. Esta mesma semana se asinou a acta de replanteo e se puxeron os terreos a disposición da empresa concesionaria para que comece as obras de inmediato.