Abel Caballero e Julio Fernández Gayoso asinan un convenio para fortalecer a estrutura social e económica da Eurorrexión
O alcalde de Vigo -e presidente do Eixo Atlántico- e o presidente de Caixanova ratificaron hoxe mércores un convenio co obxectivo de apoiar aos 34 municipios do Eixo na formación de diretivos -a través da Escola de Negocios- e establecer e potenciar as relacións económicas, sociais e comercias entre Galicia e o norte de Portugal. O alcalde agradeceu á entidade o seu respaldo "determinante" para o desenvolvemento do territorio.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, -quen tamén ostenta a presidencia do Eixo Atlántico- e o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron este mércores un convenio para fortalecer a estrutura económica e social da Eurorrexión.
Segundo indicaron ambos en rolda de prensa conxunta posterior á sinatura, a renovación do acordo entre o Eixo e Caixanova rubrica o "apoio" da entidade ao territorio, nos ámbitos social, económico, financeiro e comercial.
Abel Caballero asegurou que o respaldo de Caixanova é "determinante" para a dinamización de economía e a sociedade de Vigo e da Eurorrexión, e agradeceu a labor que ven facendo a entidade -e en particular o seu presidente- polo territorio.
Fernández Gayoso explicou que existe "unha relación natural entre Oporto e Vigo", polo que amosouse "encantado" de poder renovar o convenio, dado que "o Eixo Atlántico ten que ser un exemplo en Europa".
O presidente de Caixanova explicou que o obxecto do acordo pasa por apoiar aos 34 municipios que conforman o Eixo para a formación de directivos -a través da Escola de Negocios da financeira, con sedes tanto en Vigo como en cidades portuguesas- e para establecer e potenciar relacións económicas, sociais, comerciais e de servizos en Galicia e o norte de Portugal.