As principais praias de Vigo estarán balizadas no verán e contarán con socorristas titulados
O Concello contratará un servicio profesional de salvamento e socorrismo para atender durante todo o verán as praias de Vigo. Ademais, por primeira vez, a praia de Samil será balizada como a do Vao e a de Cíes para garantir a seguridade da zona de baño.
Nos dous últimos anos realizáronse melloras cualitativas nos servicios das praias viguesas que foron premiadas coa concesión de máis bandeiras azuis. O Goberno municipal seguirá este ano nesa liña e por iso de cara ao verán vanse realizar traballos de mellora no contorno de Samil, balizaranse os areais de Cíes, O Vao e Samil para garantir maior seguridade no baño e ademais vaise contratar un servicio de salvamento e socorrismo, que complementará o labor da Cruz Vermella nas principais praias do municipio.
Neste verán haberá persoal de salvamento en Cíes, en Samil, en Alcabre, no Vao e na praia da Punta en Teis. Serán titulados en socorrismo e primeiros auxilios e ademais estarán equipados co material axeitado para este tipo de servicio: mantas térmicas, chaleques salvavidas, sistemas de comunicación, etc... O Concello vai investir máis de 60.000 euros en contratar este servicio para contar coas mellores medidas de seguridade nas praias durante toda a tempada de verán, de mediados de xuño a mediados de setembro.
O Concello solicitou a declaración de 25 zonas de baño no municipio, un maior número ca en anos anteriores. Outra novidade nas praias de Vigo este ano será a instalación de servicios hixiénicos con auga corrente e conectados á rede de saneamento. Ubicaranse nas praias da Punta, Samil, O Vao, Sta. Baia, Tombo do Gato e Fuchiños.
Vigo tamén disporá de brigadas para a prevención de incendios forestais
O Concello vai dispor este verán de dous equipos dedicados en exclusiva á vixilancia dos montes do término municipal para previr e extinguir incendios forestais. Cada un deses equipos estará composto permanentemente por cinco persoas que contarán con vehículos todoterreo e o material necesario para os labores de extinción.
Descargar todas as imaxes