O alcalde asegura que a nova gardería de Mestres Goldar estará operativa o próximo curso con 100 prazas<br />
Abel Caballero visitou este venres as obras de adaptación da futura gardería de Mestres Goldar, que segundo as previsións municipais entrará en funcionamento o próximo curso con capacidade para 100 nenos e nenas. Xunto a esta, o alcalde anunciou que este ano o Concello habilitará outras tres garderías en Bouzas, na rúa Coruña e en Tomás Alonso. Así, en 2010 a cidade disporá dunhas 350 novas prazas municipais de escolas infantís.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que a nova gardería de Mestres Goldar, na parroquia de Castrelos, estará operativa no vindeiro curso con prazas para 100 nenos e nenas da cidade.
Nunha visita ás obras de adaptación do edificio, o rexedor municipal cifrou en 500.000 euros o investimento municipal nesta infraestrutura educativa, que supón a primeira das catro novas garderías que o Concello ten previsto habilitar este ano. Segundo indicou Caballero, as outras tres estarán ubicadas en Bouzas, na rúa Coruña e en Tomás Alonso, cunha capacidade media de 80 prazas por centro.
Abel Caballero indicou que, en 2010, as catro novas garderías proxectadas darán cobertura a uns 350 escolares, co que a oferta do Concello en escolas infantís municipais -sumando ás catro xa en funcionamento- acadará as 750 prazas en total.
O obxectivo a medio prazo do primeiro edil neste aspecto é que "toda a demanda de prazas estea cuberta coa oferta do Concello", polo que Caballero adiantou que a finais de ano presentará un plan de garderías para construir oito centros máis no ano 2011. "A gran demanda desta cidade son as garderías", concluíu o alcalde.
Descargar todas as imaxes