Escoitar

Actividades de Xuventude

Punto Xove e a Casa da Xuventude organizan para a vindeira semana unha exposición sobre o consumo responsable, unha charla informativa sobre bolsas e prácticas en Europa e unha mostra de pintura de Oscar Lorenzo.

venres, 8 xan 2010
1262954363oscarlorenzo.jpg
Pintura de Oscar Lorenzo
Exposición de Árbore Cooperativa de Consumo Responsable no Punto Xove

Árbore é unha cooperativa que ofrece produtos de consumo consciente e equilibrado, pero tamén defende os valores deste xeito de consumir. Actuar desta maneira responsable consiste en interesarse polas repercusións da nosa forma de mercar, como é apoiar o comercio xusto.

A Cooperativa propón unha exposición que explica que é o comercio xusto e a cadea comercial do café "O teu café, bo para todo o mundo" que é importante de trocar xa¡

Ademais, os xoves 14 e 21 de xaneiro ás 18:30 hs, proxección do documental "De la mata a la olla" sobre a comercialización e o comercio xusto.

A exposición pode visitarse entre o 11 e o 26 de xaneiro.

Charla informativa bolsas e practicas en Europa no Punto Xove

O vindeiro mércores 13 de xaneiro as 18:30 haberá unha charla divulgativa sobre bolsas e prácticas en Europa, organizada polo Servizo Europa a Punto coa colaboración da Concellaría de Xuventude e de Aberta.

Exposición de pintura de Oscar Lorenzo Suárez na Casa da Xuventude

"Olladas" é o título da mostra de pintura de Oscar Lorenzo que se poderá visitar ata o 15 de xaneiro na Casa da Xuventude. "Obras máis recentes do artista vigués, xunto a obras do pasado reinterpretadas e reelaboradas. Ademais, algunhas copias de artistas consagrados, coma August Macke e Lempicka, nunha mostra de clara vocación expresionista onde as cores puras toman o mando nunha mostra alegre e desenfadada."

Descargar todas as imaxes