Escoitar

Carmen Corbalán entrégalles os diplomas aos participantes nos obradoiros do Ciberlingua

venres, 5 abr 2002
imx1262.jpg
Manual
Os 50 participantes nos obradoiros de pais e nais do Ciberlingua recibiron onte cadanseu diploma acreditativo pola súa asistencia ás sesións prácticas con utilización directa de ferramentas informáticas, acceso á rede, visita aos sitios web de interese e tratamentos de contidos didácticos.

Ciberlingua é un programa innovador de dinamización lingüística no ámbito socioeducativo baseado no coñecemento e difusión do emprego de internet e dos recursos que ofrece en galego. Este programa pretende popularizar o uso das tecnoloxías da comunicación en galego nas comunidades educativas de cinco cidades.

Estes contidos van dende nocións básicas sobre internet e as súas posibilidades ao manexo de recursos básicos (navegadores, traductores, buscadores...) pasando polo coñecemento das ferramentas existentes en galego, dos sitios web de interese, sen esquecerse da súa aplicación no ensino.

No acto, entregáronse tamén as Guías de navegación, que ofrecen información útil sobre as ferramentas de navegación: Guías de recursos, coa relación ordenada dos sitios de interese e Paquetes de programas consistentes nunha edición en CD na que se ofrece unha selección dos programas e aplicacións en galego elaborados por Galego 21 (navegador, IRC/charla, reproductor de música, aplicación para galeguizar os menús do Worde, cliente de FTP, programa para xestionar descargas...)

Descargar todas as imaxes