Escoitar
O grupo escocés actuará o 28 de maio dentro de “Vigo, cidade de concertos”

O venres saen á venda as entradas para o concerto de Simple Minds

xoves, 4 abr 2002
imx1257.jpg
A partir de mañá estarán á venda as entradas para o concerto que Simple Minds dará en Vigo o día 28 de maio, que organiza Simon Music e que se enmarca na iniciativa “Vigo, cidade de concertos”, promovida polas concellerías de Festas e Animación Sociocultural e de Xuventude e Deportes.

As entradas poderán adquirise ó prezo de 18 euros nos establecementos LP, Discos Gong e La Columna. O importe das mesmas será de 21 euros en taquilla o día do concerto.

O grupo escocés estará no pavillón das Travesas para presentar o seu último traballo, “Cry”, un disco que contén doce novas cancións e co que Simple Minds conmemora os seus vintecinco anos nos escenarios.

MÁIS INFORMACIÓN


Descargar todas as imaxes