O grupo Los Secretos suspende o concerto previsto para o vindeiro sábado debido a unha lesión do guitarrista
O grupo Los Secretos suspende o concerto previsto para o sábado 8 de agosto, segundo informa nun comunicado enviado hoxe, debido a unha lesión do guitarrista. Pese a imposibilidade de realizar o concerto na Semana Grande de Vigo, os integrantes de Los Secretos móstranse dispostos a buscar unha data alternativa nos meses de outono.
No seu comunicado, o grupo explica que o guitarrista, Ramón Arroyo, sufre unha tendinitis de quervain na man esquerda, agudizada dende o luns día 3, polo que se lle recomenda un periodo de repouso e inmovilización de dez días. Deste xeito, o grupo non poderá proseguir os seus compromisos ata mediados deste mes de agosto.