Escoitar

O alcalde insta á Xunta a "acelerar" a entrega das vivendas de protección de Navia e a construcción das novas fases

Abel Caballero remitiu este mércores unha carta ao conselleiro de Medioambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, instándolle a "acelerar" a entrega das máis de 350 vivendas protexidas en marcha en Navia -de competencia municipal- e pediulle asemade unha entrevista para iniciar o desenvolvemento das fases 3,4 e 5 do polígono.

mércores, 5 ago 2009
1249475222P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu este mércores unha carta ao conselleiro de Medioambiente, Infraestruturas e Territorio da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, instándolle a "acelerar" a entrega das máis de 350 vivendas protexidas en marcha en Navia e a construcción das tres fases seguintes.

Segundo explicou o rexedor ante os medios, Vigo conta na actualidade cuns 8.000 demandantes de vivenda de protección, unha "competencia autonómica" que precisa resposta. A nivel municipal, Abel Caballero explicou que 24 ámbitos de promoción pública en marcha no novo PXOM, pero que precisan entre un ano e ano e medio de tramitación previa.

O alcalde plantexa ao conselleiro a entrega das vivendas "de forma inmediata", polo que solicita "que se acelere o máximo posible" tanto a construcción como a resolución das adxudicacións.

Ademais, Abel Caballero pediu a Hernández unha entrevista na que abordarían o inicio das fases restantes do polígono de Navia; "debe acometer de forma inmediata as tres fases", que darían fogar a outras 1.000 familias aproximadamente.

Aínda que a competencia da vivenda protexida é das autonomías, o alcalde solicitou do departamento municipal de Urbanismo un informe de cara ao inicio das novas fases. Así, aseverou Abel Caballero, satisfaríase parte da demanda de vivenda protexida e incrementariase o censo vigués, xa que son moitos os cidadáns que traballan en Vigo pero residen fóra da cidade olívica debido a ausencia de vivenda de calidade a un prezo asequible.
Descargar todas as imaxes