O alcalde e os empresarios da construcción aseguran que Vigo é a "excepción positiva" da edificación galega
Abel Caballero mantivo este luns un encontro coa Asociación Provincial de Empresas da Construcción (APEC), no que consideraron que Vigo é a "excepción positiva" da edificación en Galicia, pois é a única urbe galega co 100% do planeamento urbanístico aprobado e con ámbitos en desenvolvemento. Por iso, a construcción "relanzarase" por enriba de Galicia cando a economía se recupere, inidicou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os empresarios da construcción de Pontevedra (APEC) estimaron este luns que Vigo é a "excepción positiva" da edificación de Galicia, xa que é a única urbe galega coa totalidade do seu novo planeamento urbanístico aprobado e con ámbitos en desenvolvemento.
O alcalde indicou ao remate da reunión que, grazas ao novo PXOM en marcha, a construcción viguesa "relanzarase" por enriba das demais urbes galegas cando a economía se recupere. A este respecto, Abel Caballero subliñou que a Xerencia de Urbanismo xa está a tramitar os pasos máis "burocráticos" do desenvolvemento de 45 ámbitos, co que se está a aproveitar a crise para realizar os trámites administrativos e prepararse de cara á mellora da economía e da construcción.
Xunto a este tema, alcalde e APEC pasaron revisión á "boa marca das obras" de rehabilitación da futura nova sede da Asociación, un edificio do século XIX na rúa Real. Abel Caballero afirmou que antes de finais de ano poderán estar trasladados á súa nova localización.
Para o alcalde, o traslado de APEC contribúe á rehabilitación do Casco Vello que estase a efectuar polas institucións. Abel Caballero citou os exemplos das melloras nas rúas realizadas polo goberno local, as novas edificacións do Rexistro da Propiedade e o Cambón, e a propia rehabilitación municipal de vivendas.
Descargar todas as imaxes