Escoitar

O alcalde asegura que "en outono" derrubaranse as vivendas deshabitadas de Celso Emilio Ferreiro

A Xunta de Goberno resolveu este luns o expedente expropiatorio das casas da parte baixa da rúa, unha "demanda histórica da cidade" que dará paso á humanización de Celso Emilio Ferreiro, á construción dunha rotonda na confluencia con Venezuela e Camelias e a recuperación da ladeira do Castro.

luns, 3 ago 2009
1249305004P5050013br.jpg
O alcalde anunciou que "en outono" derrubaranse as vivendas deshabitadas da parte baixa de Celso Emilio Ferreiro para arranxar o entorno, unha "demanda histórica da cidade" que "levábamos 20 anos agardando", expresou Abel Caballero.

O alcalde indicou, tras a desestimación das alegacións presentadas polos cinco propietarios en Urbanismo, que a expropiación dará paso á humanización da rúa, á creación dunha nova rotonda para ordear o tráfico en Venezuela e Camelias, e a unha "zona verde" composta polo arranxo do lateral do Castro e a zona de Blein Budiño.

"Era unha débeda que tiñamos", expresou Abel Caballero, que precisaba da "vontade política" para levalo adiante. O alcalde, visiblemente satisfeito, estimou que o custo das expropiacións das vivendas estará "bastante por debaixo" do millón de euros.
Descargar todas as imaxes