Escoitar

Comeza o curso nas Escolas Infantís Municipais

O alcalde visitou este venres a Escola Infantil de Navia na que botou a andar o curso 2026/2027 co período de adaptación das crianzas de entre 0 e 3 anos. En total, o Concello oferta 438 prazas nas nove escolas infantís.

venres, 4 set 2026
Imaxe da visita o alcalde e a concelleira de Educación, Olga Alonso
Imaxe da visita o alcalde e a concelleira de Educación, Olga Alonso

Durante a visita ao centro educativo, Abel Caballero saudou ao profesorado da Escola Municipal, na que durante o verán se realizaron obras de mellora por un importe de 39.000 euros.

O Concello oferta 438 prazas nas 9 escolas infantís; 397 de mañá e 41 de tarde, con matrícula a custo cero e todos os servizos gratuítos: comedor e atención educativa e orientación, cun equipo de atención temperá e un gabinete psicopedagóxico. “Págao todo o Concello, é a nosa contribución para que as familias poidan levar aos seus nenos e nenas sen que lles custe un só céntimo”, explicou Caballero, engadindo que nas escolas autonómicas si debe aboarse a atención educativa e o comedor.

Tal e como lembrou, o goberno municipal ten 9 escolas municipais infantís cun orzamento de 2.659.000 euros anuais: Lavadores, Navia, Praza da Industria, Saiáns, Teis, Tomás Alonso, Bouzas- Casiano Martínez, Mestres Goldar e Bembrive. Ademais, cofinancia días escolas infantís da Xunta na cidade con 205.500 euros, as da Rúa Palencia e Hernán Cortés “cando a obriga e a competencia é do goberno autonómico e recibe financiamento do Goberno de España”.

Descargar todas as imaxes