Escoitar

O comercio enche a rúa Policarpo Sanz esta fin de semana

O alcalde visitou este venres Pasarela Stock, o mercado de oportunidades organizado por Vigo Centro, Centro Comercial Aberto, que reúne do 4 ao 6 de setembro a máis de 30 establecementos na rúa Policarpo Sanz, entre o Teatro García Barbón e a Porta do Sol. O rexedor percorreu os postos dunha iniciativa que achega o comercio local á rúa con produtos de moda, calzado, complementos ou lencería, e que se completa con música en directo e un desfile de avance da temporada outono-inverno.

venres, 4 set 2026
Descargar todas as imaxes