O Concello renova as xardineiras da Praza da Independencia
O alcalde avanzou o inicio das obras de “renovación integral” das xardineiras da Praza da Independencia que teñen un orzamento superior aos 40.000 euros para que sexan “acordes coa beleza da praza, acordes co deseño da praza e co marcroparque infantil que é excepcional”. Nestes momentos a obra está nas últimas fases da tramitación e, tal e como explicou Caballero, o obxectivo é que estea rematada antes de final de ano.