Caballero felicita ás subcampioas de España cadetes de balonmán praia
O alcalde recibiu este xoves no Concello ao equipo vigués cadete feminino de balonmán praia, que acadou a medalla de prata no Campionato de España 2026 celebrado en Laredo (Cantabria) do 30 de xullo ao 2 de agosto. As xogadoras chegaron á final tras superar as distintas fases da competición e proclamáronse subcampioas de España, un resultado que consolida o crecemento do balonmán praia de base na cidade. Abel Caballero felicitou ás deportistas e ao club polo éxito acadado e puxo en valor o seu traballo e a súa dedicación, así como a importancia de continuar apoiando desde o Concello o deporte vigués e a formación das novas xeracións.