Escoitar

Vigo inicia os trámites para ser sede do Festival de Arquitectura Urbana “TAC!”

Abel Caballero informou que a Xunta de Goberno aprobou o convenio coa Fundación Arquia que levará adiante a terceira edición do “TAC!” en Vigo, valorada polo proxecto “Vigo Vertical”.

venres, 16 feb 2024

Vigo será sede da terceira edición do Festival de Arquitectura Urbana “TAC!”. O goberno local inicia os trámites coa sinatura do convenio coa Fundación Arquia que levará adiante o evento.

Abel Caballero deu conta da importancia de por en valor os proxectos do Vigo Vertical, motivo polo que Vigo foi seleccionada: “Facilitamos a mobilidade e damos a estética dunha cidade moderna, que aposta pola sostibilidade, a innovación, a tecnoloxía e xerando calidade de vida para as persoas”.

O “TAC!” é un festival anual organizado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana que promove a innovación e experimentación.

Descargar todas as imaxes