O Concello ratifica que "ningunha muller deixou de ser atendida por violencia de xénero"
O edil de Seguridade fixo balance do traballo da Policía Local no 2016 na prevención e atención a vítimas de violencia machista, con 248 ordes de afastamento atendidas, cursos de autoprotección e apoio a entidades que traballan coas mulleres. Carlos Font enfatizou que "ningunha muller nesta cidade deixou de ser atendida desde a Policía Local por problemas de violencia de xénero"
O concelleiro de Seguridade, Carlos Font, eloxiou o traballo que realiza a Policía Local de Vigo -a través do Equipo de Vixilancia de Apoio Policial (EVAP)-, "certamente de referencia a nivel de Galicia", polos once anos de vixencia da unidade, polos medios dos que dispón e polas actuacións que realizan. Desde 2006, a EVAP leva atendido a 1.292 vítimas.
Font fixo balance das funcións despregadas pola EVAP no pasado ano, un 2016 no que os axentes atenderon 248 ordes de afastamento en total -seis consideradas de risco extremo-, cunha media de 171 activas ao mes e das que 102 foron novas. Ademais, o pasado ano se incorporaron 106 mulleres ao programa de seguemento.
O concelleiro subliñou que as ordes de afastamento veñen rexistrando un descenso paulatino ao longo dos anos, pois no 2008 se atenderon 348 polos efectivos policiais de Vigo, en 2009 pasaron a ser 304 e no 2015, 274. A Policía Local conta con 12 efectivos adicados á prevención e protección de mulleres vítimas de violencia machista. Segundo detallou o edil, o 47% das ordes de afastamento se dictan sobre unha relación de exparella entre vítima e agresor. No tocante as idades, sobre as 102 novas ordes de afastamento atendidas, a maioría das vítimas e dos agresores están no rango dos 30 aos 39 anos.
A Policía Local traballa en colaboración cos xulgados neste asunto. Así, no 2016 se tramitaron 706 oficios xudiciais informando sobre o control ás vítimas, son dúas comunicacións ao día informando da atención ás mulleres, segundo subliñou Font.
Carlos Font puxo en valor que en total se realizaron 6.392 xestións no pasado ano, actuacións singularizadas que pasan desde unha simple chamada telefónica ás alertas. Sumado á función da EVAP, os axentes da Policía Local non adscritos ao nomeado departemento realizaron ademais outras 365 actuacións contra a violencia machista no 2016.
Dentro do apoio municipal ás vítimas, recordou o concelleiro que o goberno de Vigo asinou dous convenios este ano coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos por valor de 75.000 euros, cifra que roza os 100.000 euros contando co acordo rubricado con Mulleres Progresistas de Vigo para esta mesma función.
Autoprotección
O goberno de Vigo, a través da Policía Local, organiza cada ano entre dous e catro cursos de autoprotección para as vítimas. Esta formación é "moi valorada" polas usuarias, supón unha inxección de autoestima e un "motivo de satisfacción" para o Concello de Vigo.
Como novidade, neste 2017 os cursos se están impartindo tamén a mulleres sen orde de afastamento pero que queren ampliar coñecementos sobre violencia machista. Estas accións, valorou Carlos Font, forman parte do traballo de prevención e sensibilización que o Concello leva adiante desde hai catorce anos.
Descargar todas as imaxes