Escoitar

O alcalde anima á cidadanía a gozar da "maxia" da cabalgata de Reis do próximo luns

O Concello organiza un ano máis a cabalgata de reis o cinco de xaneiro. Baixo a temática "O mundo máxico", un total de 1.200 persoas participarán nun desfile no que se repartirán 4.000 quilos de dulces sen gluten. Abel Caballero salientou que 15 carrozas e 8 grupos de animación tomarán parte no percorrido, que parte da glorieta de Isaac Peral ás 18 horas e percorrerá García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol.

venres, 2 xan 2015
1420207455cabalgata.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres a montaxe das carrozas que participarán no desfile das Súas Maxestados Os Reis Magos, que terá lugar o próximo luns, as 18 horas, con saída na glorieta de Isaac Peral e chegada á Porta do Sol.

Primeiramente, segundo explicou Caballero, celebrarase unha recepción das SS.MM. Os Reis Magos a todas as nenas e nenos da cidade no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), de 12:00 h a 13:00 h. Posteriormente, celebrarase a recepción das autoridades ás SS.MM. Os Reis Magos na Porta do Sol, ás 17:00 h -onde recibirán a chave da cidade- e ás 18:00 h terá lugar a saída da comitiva real dende a rúa García Barbón (dende o nó de Isaac Peral), seguindo polas rúas Policarpo Sanz, Porta do Sol.

Segundo afirmou o rexedor, un total de 1.200 persoas toman parte no desfile real do luns, onde se repartirán un total de 4.000 quilos de caramelos sen gluten. Caballero enfatizou a participación de 300 voluntarios municipais.

A comitiva real contará coas carrozas das SS.MM. Os Reis Magos, a do carteiro real, as carrozas comerciais, grupos de animación, autobuses, coches antigos e un grupo de cabalos, entre outros elementos. En total serán 15 as carrozas as que conformarán o desfile, a "mellor de toda Europa" vaticinou o rexedor.
Descargar todas as imaxes

Máis información