Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 13 de marzo de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Concello e Federación Galega acordan recuperar para Vigo o Rally Rías Baixas

O alcalde celebrou unha reunión cos responsables da Federación Galega de Automobilismo, entrevista na que acordaron retomar a proba e a súa presenza en Vigo. Os boxes estarán posiblemente en Samil e Príncipe será o punto de saída do Rally, que se celebrará os días 11 e 12 de maio.





O Concello de Vigo e a Federación Galega de Automobilismo acordaron recuperar para a cidade o Rally Rías Baixas, segundo informou este martes Abel Caballero. O alcalde avanzou que "seguramente" Samil acolla os boxes da proba e a saída, o día 11 de maio, terá lugar na rúa do Príncipe.

A cita formará parte do Campionato Galego e celebrarase os días 11 e 12 de maio, cunha participación estimada nuns 150 vehículos. Adiantou o alcalde que, na reunión, Goberno de Vigo e Federación Galega abordaron a recuperación "no futuro", de cara a próximas edicións, do tramo urbano vigués de subida ao monte do Castro.
Mais noticias
Caballero refírese á k9 como un "modelo sensacional" cun previsible éxito no mercado
O Concello adica 5 millóns de euros ao mantemento dos centros públicos de Infantil e Primaria
Abel Caballero propón a incorporación das cidades ao pacto estatal contra a seca
Mostrarte exhibe nas dependencias de Alcaldía a obra do artista Diego de Giráldez


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003