Escoitar
Medidas de tráfico e seguridade co gallo da Cabalgata de Reis

Santi Domínguez recibe ás SS MM os Reis Magos nunha festa especial para os máis cativos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibíu esta mañá ás SS. MM. os Reis Magos nunha festa infantil que comezou ás 11 horas na Praza do Rei. Tras saudar aos Reis Magos, o tenente de alcalde expresou os seus desexos para este 2009, sobre todo para que as Súas Maxestades "teñan moita consideración coas persoas ás que lles está afectando a crise". Os Reis Magos percorreran o luns 5 de xaneiro, a partir das 18.30h, as rúas Venezuela, Camelias, Alvaro Cunqueiro e praza de América.

venres, 2 xan 2009
1230901490jju12.jpg
"Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura quixemos crear espazos para que os nenos e nenas de Vigo poideran contactar directamente coas Súas Maxestades", salientou Santi Domínguez tras darlles a benvida. Ademais, o tenente de alcalde explicou que aos Reis Magos lles manifestou a súa alegría por telos "novamente na cidade". No tocante aos seus desexos para este ano recén estreado, o nacionalista pediu que a cidade "siga avanzando" e tivo palabras adicadas ás persoas máis afectadas pola crise, para que os Reis Magos "teñan moita consideración" con elas.

A festa infantil de benvida aos Reis Magos contou con actividades de animación con paiasos, zancudos e unha chocolatada con rosquillas. Antes os Reis Magos fixeran xa un percorrido polos hospitais e tamén se achegaron ata as Hermanitas dos Ancianos Desamparados para entregar agasallos e caramelos aos nenos e maiores que están hospitalizados ou pasan os seus días nunha residencia. Foron os prolegómenos da cabalgata que pola tarde encherá de ilusión as rúas da cidade.


Medidas de tráfico

Cortes de tráfico:

- Ás 17:00 horas cortarase o tráfico na rúa Venezuela co fin de montar a comitiva do desfile de carrozas.
- Ás 18:00 cortarase o tráfico nas rúas Camelias e Álvaro Cunqueiro. Cortaranse á mesma hora as transversais ao dito percorrido.

Co gallo das devanditas restricións de paso, atoparanse afectadas e terán restricións de paso as rúas Pilar, Blein Budiño, Marqués de Alcedo con saída a Venezuela, Hispanidade, Romil, Don Quijote, Álvaro Cunqueiro, Pintor Lugrís, Pintor Laxeiro, López Mora, Coruña, avenida de Castelao, Florida e Gran Vía.

Aconséllase aos vehículos que proveñan da zona de San Paio de Navia, Bouzas, Samil, Florida e Gran Vía con dirección á praza de América, que utilicen as alternativas que proporcionan as avenidas de Arquitecto Palacios e Beiramar.

Así mesmo, aconséllase evitar a circulación pola rúa López Mora pois a súa saída á praza de América atoparase cortada.

Horario previsto:

15:00 horas: Comezo do despregue do persoal auxiliar de organización ao longo do percorrido e da concentración da comitiva Real.
17,30 horas: Grupos de animación en percorrido.
18,00 horas: Acto de recepción das autoridades ás SS MM Os Reis Magos, na escalinata do Monte do Castro rúa Camelias.
18:30 horas: Saída oficial da Comitiva Real dende o cruce Venezuela con Emilio Blein Budiño.
20:30 horas: Remate e despedida da cabalgata.
Descargar todas as imaxes