Unha vaca no cartel do Entroido 2007
"Entroido’s parade", de Marcos Prieto Alonso, é a obra gañadora do concurso de carteis para o Entroido deste ano, dotado dun premio único de 2.500 euros.
![1169648481entroidocartel240107.jpg 1169648481entroidocartel240107.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1169648481entroidocartel240107.jpg)
Os accésits, de 300 euros cada un, foron para "Máscara Olívica", de David Pérez Parga, "Por encima de las tragedias", de Miguel Mula Martínez, e "Hipnosis", de Ángel Antonio Rodríguez Solla.
Este foi o fallo do xurado desta XXI edición do concurso, que se reuniu na mañá de hoxe xoves na Concellaría de Festas e Animación Sociocultural. O xurado, presidido pola concelleira de Distrito Mª Sol Polo Lima, contou como vocais co xornalista Jorge Durán, a publicista Lía López e o membro da comisión organizadora do Entroido 2007 Juan Cartos Padín.
Descargar todas as imaxes