Escoitar

Cursos da Oficina Municipal do Voluntariado para o último cuadrimestre do ano

A Oficina Municipal do Voluntariado do Concello de Vigo, dentro do seu labor de formación para persoas que decidan formarse no ámbito da acción solidaria, ofrece os seguintes cursos durante o último cuadrimestre deste ano.

xoves, 14 set 2006
1158239253voluntad.jpg
O curso "A motivación das persoas voluntarias" ten por obxectivos: profundizar nas distintas motivacións que impulsan ás persoas a facerse voluntarias nunca entidade e saber identificalas; dotar ós/ás alumnos/as dunhas ferramentas básicas para traballar a motivación das persoas voluntarias nas súas entidades ou proxectos, e compartir experiencias, ferramentas e metodoloxías á hora de traballar a motivación.
Os seus destinatarios son profesionais ou responsables de entidades e/ou persoas voluntarias interesadas na coordinación de proxectos de voluntariado. Este curso desenvolverase do 21 ao 28 de outubro, de 09:30 a 13:30 horas, cunha duración de seis horas. O programa inclúe as materias "Concepto de motivación social", "Tipos de motivación" e "Caixa de ferramentas".
O curso de "Primeiros Auxilios" ten por finalidade informar e formar sobre actuacións de emerxencia para unha boa execución de primeiros auxilios ante situacións imprevistas tanto a persoas voluntarias como a responsables de proxectos, e vai destinado a profesionais ou responsables de entidades e/ou persoas voluntarias interesadas na coordinación de proxectos de voluntariado. Ten unha duración de oito horas distribuídas entre o 17, 18 e 20 de outubro. O programa é como segue:
1º Día:
- Hemorraxias: Clasificación e actitude ante elas.
- Shock, síntomas e primeiros auxilios.
- Feridas e queimaduras: clasificación e actitudes ante as mesmas.
- Trastornos producidos por frio e calor.
- Afogamento.
2º Día:
- Traumatismos: tipos e transporte.
- Corpos extraños: ollos, vías respiratorias e feridas.
3º Día:
- Parada cardiorrespiratoria.
- Teléfonos más usuais dependendo da emergencia.

O curso de "Voluntariado e Medio Ambiente" está pensado para todos aqueles voluntarios que unha vez realizado o Curso Básico de Voluntariado se dispoñan a facer a súa labor en entidades que traballen na área do medio ambiente. Para participar nel hai que ter realizado o curso de iniciación ou acreditar ter recibido unha formación básica en voluntariado.

Levarase a cabo os días 18, 20 e 23 de setembro, cunha duración de oito horas e os seguintes contidos: Medio fluvial, Política hidráulica e cultura da auga e unha visita ao curso baixo do río Lagares.

O curso de "Traballo en equipo" está pensado para responsables e persoas voluntarias, que xa teñen experiencia no campo da participación social. Ten por obxectivos coñecer factores clave para o bo desenvolvemento dos equipos e aplicar habilidades de traballo en equipo. As súas seis horas de duración repártense entre os días 16 e 17 de setembro, con estes contidos: "O traballo en equipo" (etapas de desenvolvemento dos grupos, estrutura e composición dos equipos, normas e metas) e "A motivación" (o liderado, xuntanzas eficaces, decisións e conflictos).

Os cursos de "Voluntariado e Medio Ambiente" e "Traballo en equipo" impartiranse no Centro Cívico do Casco Vello (rúa Oliva, 12).

Por outra parte, as persoas interesadas poderán participar en dous cursos de iniciación ao voluntariado, cos que se pretende que todo voluntario da OMV teña realizado este curso básico para poder realizar a súa acción voluntaria.

O primeiro deles impartirase o 12 e o 13 de setembro no Centro Cívico do Casco Vello, con seis horas de duración, en horario de 18:30 a 21:30 horas. Os seus contidos son os seguintes: Identidade do voluntario, Marco legal do voluntario, Proxectos de Acción Voluntaria e Introdución a: Voluntariado e Discapacidade, Voluntariado e Medio Ambiente, Voluntariado e Apoio Escolar e Voluntariado e Persoas Maiores.

O segundo dos cursos, os días 7 e 8 de novembro, terá o mesmo horario e duración, impartirase no mesmo lugar e terá os mesmos contidos.
Descargar todas as imaxes