Escoitar

O novo trofeo Eixo Atlántico de balonmán será propiedade do equipo que o gañe 3 veces

O Torneo Eixo Atlántico de balonmán é unha das iniciativas principais das estratexias de cohesión interna do Eixo. Nel enfróntanse os mellores equipos pertencentes ao Eixo das divisións de honor das ligas portuguesa e española. Este ano terá lugar en Vigo entre o 25 e o 28 de agosto.

xoves, 18 ago 2005
1124368519balon2.JPG
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, acudiu hoxe xoves á presentación do V Torneo Eixo Atlántico de Balonmán. Este torneo responde a unha das estratexias do Eixo que é a cohesión interna, cecáis menos coñecidas que as infraestructuras e outras actuacións, pero igual de importantes para a finalidade común do Eixo.

A estratexia da cohesión interna se desenvolve principalmente con fondos propios e se plasma en iniciativas de ámbito cultural e deportivo. Neste último ámbito hai tres actividades fundamentais:

- Os Xogos do Eixo Atlántico, de periodicidade bienal. Trátase dunha especie de xogos olímpicos para escolares. A última edición celebrouse en Santiago de Compostela.
- A Regata do eixo, tamén coñecida como Travesía do Atlántico. Móvese no eixo Oporto-Viana-Vigo, sendo esta última cidade a meta da travesía.
- O Torneo de balonmán, que vai xa pola súa quinta edición e enfronta aos mellores equipos de Galicia e Portugal.

O novo torneo de balonmán está formado por equipos de división de honor de ambas ligas e o trofeo, encargado a un escultor, está formado por dúas pezas que se ensamblan, representando o espírito do Eixo. Este trofeo de xoiería, con personalidade propia, será propiedade do equipo que logre gañar o torneo tres veces, non tendo que ser consecutivas. Ata agora os campións do trofeo foron o Braga en dúas ocasións, Oporto e Cangas.

O trofeo comeza o xoves 25 de agosto cos partidos Teucro-Braga (ás 18,30 horas) e Oporto-Octavio (20,30 horas). O venres día 26 terán lugar o resto dos partidos, Cangas-Augas Santa (18,30 horas) e Oar-Madeira (20,30). O día 27 serán as dúas semifinais en horarios de 18 e 20 horas e o domingo 28, a gran final. Todos os partidos disputaranse no pavillón das Travesas de Vigo.
1124368519balon2.JPG
1124368555balon1.JPG
Descargar todas as imaxes