Escoitar

A Comisión de Traballo apoia unha utilización responsable do lume para non perxudicar as romerías

A comisión que se reuniu hoxe con representantes de todos os grupos políticos, das comisións de festas e comunidades de montes resolveron que as festas gastronómicas precisan facer lume ao aire libre para cociñar e que pódese acadar unha utilización deste sen riscos.

xoves, 11 ago 2005
Os concelleiros de Medio Ambiente e Mobilidade, xunto con representantes dos grupos políticos municipais do Concello e representantes dos movementos veciñais da cidade, das asociacións de festas e representantes das Comunidades de Montes do termo municipal, reuníronse hoxe xoves nunha comisión de traballo para o estudio da incidencia do Real Decreto-Lei 11/2005, que prohibe expresamente acerder lume en todo tipo de espacios abertos ata o 1 de novembro do presente ano, en todo o territorio nacional.

As conclusións ás que chegaron os membros da comisión pódense resumir en dous puntos:

Primeiro.- Que a xenérica, severa e excepcional prohibición sinalada no precepto citado, sen prexuizo de entender que está dirixida á prevención de incendios forestais e polo tanto á conservación dun patrimonio natural imprescindible, conleva a data de hoxe a imposibilidade de celebrar festas ou romerias populares que xeralmente, acompañadas de degustacións gastronómicas preparadas en espacios abertos, teñen lugar na totalidade nas parroquias da nosa cidade dende tempo inmemorial mantendo con elo o arraigo e a tradición de unhas costumes que ano a ano atópanse mais consolidadas e que supoñen non só a potenciación da unión e convivencia cidadá en momentos de descanso e lecer, senón tamén o impulso dunha actividade turística que beneficia economicamente a determinadas actividades comerciais das zonas sen que a data de hoxe tal tipo de reunións haxan ocasionado prexuizos ou danos a outros intereses.

Segundo.- Que co indubidable propósito de mante-las tradicións populares sinaladas e ante a problemática presentada os veciños estiman conveniente e absolutamente necesario que calquera normativa posterior estatal ou autonómica que regule as actividades mencionadas deberá inexcusablemente ter en conta a posibilidade de que, mediante as medidas correctoras que se estimen convenientes e baixo o control do cumprimento e da observancia destas por parte das Administracións Públicas competentes, se manteña a posibilidade de celebrar en espacios abertos romarias ou festas populares nas que coa debida cautela se encenda lume para a degustación de productos típicos.