O Concello leva a recollida de vidro porta a porta aos locais do casco histórico de Bouzas
nunciouno este venres Abel Caballero, quen destacou o "éxito" de funcionamento deste modelo no casco vello do centro de Vigo, onde se aplica desde hai anos. Participarán 23 establecementos da zona histórica de Bouzas, que almacenarán o vidro cos cubos que achega o Concello e que este recollerá porta a porta.
O goberno de Vigo estende o modelo do céntrico casco vello á zona histórica de Bouzas e recollerá o vidro porta a porta en 23 establecementos da vila.
Abel Caballero subliñou o "éxito" deste sistema, que leva anos operando nos restaurantes e establecementos de hostalería do casco vello e evita a colocación de contedores nas rúas. O rexedor asegurou que a recollida porta a porta comezará "de inmediato" tamén en Bouzas.
O Concello achega aos establecementos colaboradores contedores nos que almacenar o vidro e, unha vez cheos, os servizos municipais de limpeza recóllenos nas portas dos propios locais. Un sistema similar está a implantar o Concello vigués en 180 froiterías da cidade, neste caso para a recollida porta a porta de residuos reciclables como o cartón, o plástico e as caixas de madeira e porexpan.
Caballero asegurou que Vigo está paulatinamente implantando "unha nova forma de recollida de residuos sólidos reciclables en tantos comercios da cidade", facendo posible "que non haxa contedores ou un volume moi importante de residuos na rúa", concluíu.