Escoitar

O Concello apoia a labor social do Banco de Alimentos con preto de 100.000 euros

O alcalde de Vigo asinou este martes sendos convenios de colaboración coas entidades sociais Banco de Alimentos e Érguete. Segundo estes acordos de colaboración, a primeira ONG recibirá 43.000 euros, mentres que a asociación de axuda ao toxicómano ingresará 45.000 euros.

martes, 15 abr 2014
1397562886convenios.JPG
Abel Caballero avanzou hoxe que o Concello achega preto de 100.000 euros ao Banco de Alimentos, dos que 43.000 euros forman parte dun convenio de colaboración que o presidente Pedro Pereira e o rexedor asinaron esta mañá na Alcaldía. Ademais, engadiu o rexedor, esta ONG tamén recibe 15.000 euros para o aluguer das súas instalacións e 25.000 euros da convocatoria de comedores sociais no ano 2013.

Na mesma reunión, Caballero asinou outro convenio de colaboración, neste caso, coa presidenta de Érguete, María del Carmen Avendaño. Trátase, dixo, dun acordo de 45.000 euros para un programa de pisos de apoio á incorporación social de toxicómanos.
Descargar todas as imaxes