Escoitar

Unha exposición mostra o proceso de rehabilitación dos cascos históricos de Vigo

Esta mostra conta con tres módulos expositivos e estará situada na Alameda Suárez Llanos de Bouzas por un periodo aproximado dun mes. Visitada este venres polo alcalde de Vigo, a exposición amosa a rehabilitación e urbanización das zonas históricas da cidade, singularmente a da antiga vila de Bouzas.

venres, 6 set 2013
1378472167bouzas.JPG
A mostra estivo presente en Príncipe "para pór en relieve a recuperación do casco histórico", calificada por Caballero de "singularmente notable" en Bouzas, onde existe "unha parte importante" de iniciativa privada. O alcalde avanzou a humanización de Tomás Alonso e Herreros, xunto á adquisición da Casa Patín, "lugar moi importante na tradición de Bouzas que queremos realizar desde o ámbito público".
Descargar todas as imaxes