martes, 29 out 2019
Un total de 62 adolescentes caboverdianas embarazadas puideron continuar os seus estudos grazas ao programa "Ela estuda por dous" que financia integramente o Concello de Vigo en Cabo Verde. O obxectivo é promover o dereito social básico á educación dun colectivo moi vulnerable.
martes, 29 out 2019
Un servizo especial de transporte urbano porase en marcha este venres 1 de novembro para facilitar o desprazamento de pasaxeiros ata os cemiterios da cidade. Ademais, as liñas regulares máis demandadas disporán dun servizo de ampliación de frecuencia. Tamén haberá reforzo para a noite do Samaín.
martes, 29 out 2019
O goberno municipal programa para este xoves, 31 de outubro, obradoiros para os cativos a partir de 3 e 4 anos diante do MARCO e na peonil do Calvario. Amais, a rúa do Príncipe encherase de música con pasacalles e haberá un serán no Calvario.