martes, 4 agosto 2015

Os alcaldes de Vigo e Valladolid acordan planificar proxectos comúns entre ambas cidades

Os rexedores de Vigo e Valladolid cooperarán e porán en marcha proxectos comúns desde unha relación fluída que permita a cooperación entre dúas cidades con moitos elementos en común, segundo coincidiron ao transmitir aos medios o contido do encontro que mantiveron esta mañá na Alcaldía. En resposta aos xornalistas, Óscar Puente Santiago ratificou a Caballero como un candidato idóneo a presidir a FEMP.

Caballero compromete apoio municipal á Semana do Atlántico de vela que organiza o RC Náutico en outono

martes, 4 ago 2015

O alcalde de Vigo mantivo este martes unha reunión coa presidenta do Real Club Náutico, entidade que está a obter unha mellora substancial no seu resultado económico, polo que Caballero eloxiou o "traballo excepcional" da máxima responsable do club. O rexedor apuntou que o Concello colaborará co Náutico nos seus proxectos, singularmente na proba de vela que organiza en outono e conta con "rango europeo e un enorme prestixio".

Caballero convida á cidadanía a seguir "o espectáculo de resistencia" atlética das 24 horas de Vigo en Castrelos

martes, 4 ago 2015

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e membros do Club Castrelos 20:30, organizador da proba popular, presentaron a II 24 VGO, a segunda edición das 24 horas de Vigo, unha proba pionera en Galicia que se celebrará dende as 12 horas do sábado 29 de agosto ao mediodía do domingo 30 no parque de Castrelos.