mércores, 10 abr 2013
Galiexpo Motor Show arrinca este venres no Ifevi co mesmo espazo expositivo (16.000 m2) que nas tres últimas edicións e tras dous anos de ausencia promete o mellor do mercado de España, Francia e Portugal do tuning e numerosas actividades. Así, do 12 ao 14 "Vigo volve recuperar o seu espazo e o pulo en torno a este evento", sostivo o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na presentación de Galiexpo no Concello.
mércores, 10 abr 2013
Helena González Fernández e María do Cebreiro Rábade Villar presentan o libro "Canon e subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro" o mércores, 10 de abril ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas.
mércores, 10 abr 2013
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de CRUCE DE CALZADA, a realizar pola empresa Eiriña, S.L. , estará pechada ao tráfico a rúa NICARAGUA Nº 5, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 10/04/2013 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.<br />