xoves, 16 xuño 2011

O alcalde anuncia unha reducción do 50% nas dedicacións dos concelleiros do goberno local

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves da reducción nas dedicacións do goberno local con respecto á Corporación anterior. Caballero anunciou que haberá seis dedicacións exclusivas e unha parcial, polas trece exclusivas do anterior mandato. Tras o Pleno celebrado hoxe, o grupo do PP baixará de catro a tres os seus liberados e reducirá a súa asignación económica e o BNG terá dous exclusivas.

Caballero presenta a sección policial Costa e Praia, que tamén cubrirá puntualmente as Illas Cíes

xoves, 16 xuñ 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, presentaron este xoves en Samil a sección Seguridade Costa e Praia da Policía Local, que xa atende en bicicleta "desde Nigrán ata Redondela" con 17 axentes e, como novidade deste ano, atenderá puntualmente as Illas Cíes. Xunto á sección, os efectivos de salvamento e socorrismo operan desde onte en 11 praias de Vigo, un dispositivo que supera o medio centenar de persoas.

Santos Héctor inicia unha rolda de contactos con colectivos da cidade para intercambiar opinións sobre a Área Metropolitana

xoves, 16 xuñ 2011

O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, reiterou hoxe xoves o rexeitamento do Goberno de Vigo ás enmendas do PP á Lei de Área Metropolitana. Así o fixo constar nun encontro que mantivo esta mañá con representantes sindicais, a primeira reunión dunha rolda de contactos que o concelleiro vai manter con distintos colectivos e organizacións representativas desta cidade co obxectivo de intercambiar opinións sobre este tema, "nun exercicio de transparencia no que, seguindo a liña do alcalde, queremos coñecer a opinión de todos", explicou.

Comeza a sétima edición do Festival de Jazz Imaxina Sons

xoves, 16 xuñ 2011

A nova edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, a sétima xa, promovida pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural do concello de Vigo, terá lugar do 17 ao 25 de xuño de 2011. Entre os artistas confirmados para a sétima edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons atópanse Avishai Cohen, Portico Quartet, Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley Trio, Portico Quartet e John Taylor.