venres, 22 dec 2006
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural realizou o sorteo dos nenos que acompañarán os Reis Magos na Cabalgata do 5 de xaneiro. Ademais dos 36 rapaces seleccionados, hai 12 suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.
venres, 22 dec 2006
A carpa de NaviCow, situada na praza de Compostela, será inaugurada hoxe venres ás 18:30 horas nun acto ao que asistirá a concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares.<br />
<br />
<br />
venres, 22 dec 2006
O Museo Verbum-Casa das Palabras acolle a partir de hoxe venres e ata o 7 de xaneiro a mostra "O xogo e o xoguete", organizada coa colaboración da Fundación Raquel Chaves e dirixida a todos os públicos. A exposición será inaugurada ás 20.00 horas pola alcaldesa.
venres, 22 dec 2006
A mostra, permanecerá aberta ao público nas salas de exposición permanente do Museo ata o 7 de xaneiro de 2007 e reúne unha selección de obras escultóricas e pictóricas.
Anuncio Medio Ambiente
venres, 22 dec 2006
Próxima a celebración das tradicionais festas do Nadal, lémbrase a todos os cidadáns que, a teor do disposto na Orde da Consellería de Agricultura, pesca e alimentación do 10 de decembro de 1984 (DOG nº 240, do 15.12.1984) o ACIVRO (Ilex aquifolium), pola súa importancia ecolóxica e utilidade para a fauna silvestre, é considerada especie protexida en Galicia, estando prohibido expresamente arrincalo, recollelo, cortalo ou desenraizalo, incluidas as súas sementes, así como a súa comercialización, a non ser para finalidades científicas ou educativas debidamente autorizadas.
venres, 22 dec 2006
El Museo Verbum-Casa das Palabras acoge a partir de hoy viernes hasta el 7 de enero la muestra "El juego y el juguete", organizada con la colaboración de la Fundación Raquel Chaves y dirigida a todos los públicos. La exposición será inaugurada a las 20.00 horas por la alcaldesa.